Teta e Coliño

Faite socia

Axudanos a axudar

biblioteta

Acceso a préstamo de libros da Biblioteta

Préstamo

Acceso a prestamo de portabebés e pañais de tea, de sacaleites e demais accesorios de lactancia

Descontos e prezo especial

Prezo especial en actividades da Asociación e descontos en tendas e negocios amigos
Como podo axudar?

Queres facerte socia de Teta e Coliño? ou apetéceche contribuír cunha doazón económica ou material? escríbenos ao noso correo ou cubre o seguinte formulario: 

Doazons

desde1€
Tamén podes facer unha doazón de material: libros sobre as temáticas que tratamos na Asociación, extractores de leite e outros artigos de lactancia; ou portabebés e complementos relacionados. Escríbenos un email a tetaecolinho.comunicacion@gmail.com ou cubre o formulario socias e doazóns

Preguntas frecuentes

Que é Teta e Coliño?
Teta e Coliño, Asociación de lactancia e crianza con apego, é unha asociación sen ánimo de lucro baseada nos grupos de apoio mutuo e na atención especializada.
Cales son os seus obxectivos?
Teta e Coliño traballa pola recuperación e normalización da lactancia materna e a crianza con apego, favorecendo a toma de decisións informadas e creando espazos de intercambio de experiencias. En termos xerais, promove a concienciación da sociedade sobre a importancia dunha crianza consciente e saludable.
Onde están as súas sedes?
As sedes activas son as seguintes: –Milladoiro (Ames, A Coruña). Inaugurada en 2011. Grupos de lactancia e de porteo. –Vigo. Inaugurada en 2014. Grupos de lactancia (Navia) e porteo (Saiáns) –A Coruña. Inaugurada en 2016. Grupo de lactancia (Castrillón)
Por quen está formada?
Teta e Coliño está formada por familias/persoas socias e usuarias. A maior parte das socias son familias que son (ou foron) usuarias dos servizos da asociación. Algunhas das nosas socias exercen labores de voluntariado. Visita a sección ¿quen somos? para saber máis
Que significa asociarse a Teta e Coliño?
Asociarse a Teta e Coliño significa apoiar o labor da Asociación mediante unha cota de socia (aportación económica anual). Implica tamén respectar os seus Estatutos.
Canto tempo dura a afiliación? Cando toca renovar?
-Altas de socia no primeiro semestre: renovación en marzo do ano seguinte. -Altas de socia no segundo semestre: renovación en outubro do ano seguinte. En caso de dúbida, podes consultar a vixencia no teu carnet de socia; ou ben preguntarnos no correo tetaecolinho@gmail.com
De que outras maneiras podo axudar a Teta e Coliño?
Se sintes que queres colaborar activamente nalgunha das tarefas de organización ou de axuda directa, serás moi benvida! Tanto se consideras implicarte de forma máis ou menos continuada como de forma puntual. Ademais do Equipo de Xunta Directiva, os voluntariados Teta e Coliño desenvólvense a través de: – Voluntarias da sede de Milladoiro – Voluntarias da sede de Vigo – Voluntarias da sede de A Coruña – Equipo de Asesoría en lactancia – Equipo de Comunicación
Cales son as típicas tarefas?
Asistencia e axuda nas reunións de lactancia e de porteo, organización e loxística das actividades (charlas, obradoiros…), deseño gráfico, difusión, moderación, trámites burocráticos, control dos préstamos, contacto con colaboradores, subvencións, etc. Escríbenos, chámanos ou pregúntanos en calquera xuntanza! xuntas veremos que necesidades actuais ten a Asociación que che poidan encaixar nas túas habilidades, gustos e dispoñibilidade.

Queres facerte socia de Teta e Coliño? ou apetéceche contribuír cunha doazón económica ou material? escríbenos ó noso correo ou cubre formulario de contacto.

Tes un negocio e queres ser colaborador de Teta e Coliño??

13 + 4 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
/* Estilos para menú plegable móvil Divi */ /* JS para menú plegable móvil Divi */