Preguntas frecuentes

Qué é Teta e Coliño?
Teta e Coliño, Asociación de lactancia e crianza con apego, é unha asociación sen ánimo de lucro baseada nos grupos de apoio mutuo e na atención especializada.
Cales son os seus obxectivos?
Teta e Coliño traballa pola recuperación e normalización da lactancia materna e a crianza con apego, favorecendo a toma de decisións informadas e creando espazos de intercambio de experiencias. En termos xerais, promove a concienciación da
sociedade sobre a importancia dunha crianza consciente e saludable.
Onde están as súas sedes?

As sedes activas son as seguintes:
Milladoiro (Ames, A Coruña). Inaugurada en 2011. Grupos de lactancia e crianza e de porteo.
Vigo. Inaugurada en 2014. Grupos de lactancia e crianza e de porteo. (Navia).
A Coruña. Inaugurada en 2016. Grupo de lactancia e crianza (Castrillón)

Por quen está formada?
Teta e Coliño está formada por familias/persoas socias e usuarias. A maior parte das socias son familias que son (ou foron) usuarias dos servizos da asociación.
Algunhas das nosas socias exercen labores de voluntariado.

Visita a sección ¿quen somos? para saber máis

Que significa asociarse a Teta e Coliño?
Asociarse a Teta e Coliño significa apoiar o labor da Asociación mediante unha cota de socia (aportación económica anual). Implica tamén respectar os seus Estatutos.
Canto tempo dura a afiliación? Cando toca renovar?
-Altas de socia no primeiro semestre: renovación en marzo do ano seguinte.
-Altas de socia no segundo semestre: renovación en outubro do ano seguinte.
En caso de dúbida, podes consultar a vixencia no teu carnet de socia; ou ben preguntarnos no correo tetaecolinho@gmail.com
De que outras maneiras podo axudar a Teta e Coliño?
Se sintes que queres colaborar activamente nalgunha das tarefas de organización ou de axuda directa, serás moi benvida! Tanto se consideras implicarte de forma máis ou menos continuada como de forma puntual.

Ademais do Equipo de Xunta Directiva, os voluntariados Teta e Coliño desenvólvense a través de:
– Voluntarias da sede de Milladoiro
– Voluntarias da sede de Vigo
– Voluntarias da sede de A Coruña
– Equipo de Asesoría en lactancia
– Equipo de Comunicación

Cales son as típicas tarefas?
Asistencia e axuda nas reunións de lactancia e de porteo, organización e loxística das actividades (charlas, obradoiros…), deseño gráfico, difusión, moderación, trámites burocráticos, control dos préstamos, contacto con colaboradores, subvencións, etc.
Escríbenos, chámanos ou pregúntanos en calquera xuntanza! xuntas veremos que necesidades actuais ten a Asociación que che poidan encaixar nas túas habilidades, gustos e dispoñibilidade.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
/* Estilos para menú plegable móvil Divi */ /* JS para menú plegable móvil Divi */