Durante o pasado mes de setembro Teta e Coliño na sede da Coruña contou con dous profesionais sanitarios que nos falaron sobre temas que nos preocupan ás familias: os anticonceptivos e a fisioterapia respiratoria.


O sábado día 23 de setembro varias familias puidemos disfrutar dunha charla sobre anticonceptivos e lactancia materna. Alba, matrona, falounos sobre os diferentes métodos anticonceptivos existentes, como os de barreira, os naturais e  hormonais, así coma a compatibilidade coa lactancia. Coñecerse a sí mesmas, observando e palpando os nosos xenitais, sería de gran axuda para poder probar os diversos métodos de forma axeitada e despois poder elexir o que máis nos convén.
Ademáis saíu o tema do “abandono” que sufre a muller no puerperio, cando durante o embarazo foi tan controlada. Coidar o solo pélvico, evitar episiotomías innecesarias e, sobre todo, que a muller teña a información adecuada,é clave para a recuperación postparto, o que lle permite tomar decisións e sentirse empoderada.



Por outro lado, o último sábado de mes, contamos coa presenza de Manuel, fisioterapeuta do Centro de Fisioterapia Marineda, que nos falou sobre a importancia da aplicación da fisioterapia respiratoria en determinadas patoloxías, centrándose na bronquiolite (patoloxía respiratoria máis común en menores de 24 meses de idade)
Contounos que xa fai anos que están desbotadas as técnicas tradicionais,coma o clapping, a drenaxe postural,as vibracións,… aclarando que non é preciso provocar o vómito ós cativos para que expulsen o moco, simplemente o expulsarán eles mesmos pola boca ou o tragarán e irá o estómago,e desde alí se desbotarán.
Falou sobre a prevención, a existencia das guías da práctica clínica, os diferentes medicamentos usados (non sempre prescritos xustificadamente,xa que en xeral hai un “abuso” no uso dos antibióticos), dunhas medidas sinxelas para casa e dos lavados nasais,entre outros.
Finalmente mostrounos como eles realizan as técnicas de fisioterapia respiratoria, coma por exemplo, a espiración lenta prolongada e o bombeo traqueal espiratorio, técnicas que non causan dano nos nosos pequenos.



Agradecemos a presenza destes profesionais na nosa asociación, e esperamos contar con eles noutras ocasións.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
/* Estilos para menú plegable móvil Divi */ /* JS para menú plegable móvil Divi */