O sábado día 28 de outubro contamos coa presenza de María Pérez Muñoz, dietista e nutricionista, que nos falou sobre a alimentación para maiores de dous anos.

Ó principio da charla díxonos que o seu obxectivo sería proporcionar información de forma que o asistentes puidésemos tomar decisións.


María falou, entre outras cousas, dos mitos con respecto ós superalimentos, o marketing existente ó redor dos produtos que nos queren vender, … e nos comentou que a pirámide alimentaria xa non existía como tal, senón que había unha reinterpretación; como exemplos púxonos o prato saudable de Harvard e o triángulo de nutrición do Instituto Flamenco de Vida Saudable.


Tamén a ter en conta as diferenzas entre “fame emocional e fame fisiolóxica”; é importante diferencialas para que a nosa alimentación se basee en necesidade física, e poder así consumir o necesario para estar satisfeito.


Comentounos que as comidas sans poden saber ben tamén,e que a presentación das mesmas pode xogar un papel importante para decantarnos por elas; adicar un pouco á cociña e conxelar para os momentos de máis apuro contribuirá a levar unha alimentación saudable.

Para máis información vos deixamos uns enlaces:


www.mariaperezmunoz.com

www.juanrevenga.com/el-comidista/
www.sinazucar.org

Libros recomendados:


Más vegetales,menos animales, de Julio Basulto e Juanjo Cáceres

Mamá come sano,de Julio Basulto


Moitas grazas pola túa colaboración María!




Charla FP Crianza con apego

O xoves día 26 de outubro fomos invitados a dar unha charla sobre “Crianza con apego” no centro de FP Monte Alto, ós alumnos do ciclo de Educación Infantil do réxime de adultos.
Silvia Nieto, nai e voluntaria da asociación, falou sobre a teoría do apego, a crianza con apego,  a lactancia materna e o apego na escola infantil.

Contounos sobre os oito Bs(pola seu escritura en inglés)da crianza con apego, que resume un estilo de crianza basada na cercanía e a atención continuada. Aínda que poden existir circunstancias que impidan cumprir os oito “B”, non significa que o bebé non reciba unha crianza cariñosa: lazos afectivos dende o nacemento, lactancia materna, levar o bebé enriba (o portear facilita esa conexión), durmir preto do bebé (coleito), valor do choro do bebé coma linguaxe, ter coidado cos adestramentos (que non significa que non haxa rutinas),manter un equilibrio e ambos( participación da nai e do pai no coidado do bebé).


Xurdiu debate xa que hai moitos mitos extendidos, coma que a crianza con apego significa sobreprotección e non poñer límites ós cativos, que a lactancia materna é perxudicial a partir dunha idade, que o coleito pode traer consecuencias negativas para os nenos,…
Con respecto á escola, os alumnos participantes detectaron que para poder levar a cabo unha atención de calidade precisaríase máis persoal. Dende a asociación detectamos que os periodos de adaptación nas escolas infantís, así como a forma de facelo,sen participación da nai ou pai, dificulta a adaptación do bebé nas mesmas.


Silvia ofreceu ademais información sobre a alimentación autorregulada polo bebé (chamado baby led weaning). Contou a súa experiencia como nai e respondeu ás preguntas dos alí presentes.
O tempo pasou moi rápido e quedaron dúbidas no aire, así que animamos a todo aquel interesado que contacte con nós e/ou que asista ás nosas reunións quincenais.

Moitas grazas ó centro de CIFP Ánxel Casal- Monte Alto pola invitación,e en especial a Gema Graña.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
/* Estilos para menú plegable móvil Divi */ /* JS para menú plegable móvil Divi */