Quen somos?

 

Almu

Son Almu, mamá de tres pequechas.

Despois de nacer a miña segunda nena a nosa lactancia viu cargada de baches, ahí empecei a formarme como asesora de lactancia, pouco despois empecei a asistir as reunións de Teta e Coliño.

Nestes momentos estou formándome como asesora de porteo e con moitas ganas de seguir aprendendo sobre todo o relacionado ca maternidade.

antía

O meu nome é Antía López Arce. Son nai de Uxía de case catro anos, fisioterapeuta que traballa na Sanidade Pública e asesora de lactancia nesta Asociación.

A miña andaina ao carón de Teta e Coliño xurdiu unha vez superadas moitas das dificultades iniciais na lactancia e crianza. Durante estes anos lévome decatado da necesidade do apoio nai a nai dende o respecto, baseada na información veraz e permitindo unha escoita sen prexuizos.

A miña colaboración comezou en 2015 mentres realizaba a formación en asesoría de lactancia onde a adquisición de coñecementos non tiñan sentido sen levalos á práctica. Poder aportar acompañamento en momentos complexos onde semellas ser un bicho raro fixo que me incorporara a este proxecto e que continúe nel. Cada experiencia compartida permíteme comprender e aprender que nos momentos de vulnerabilidade, a escoita pode marcar a diferenza.

ariane

Antes de estar embarazada quise hacer la formación de asesoría de lactancia con Teta e Coliño para poder ayudar a las mamás que lo necesitaran así como estar preparada cuando llegara mi turno, que, sin saberlo, sería unos meses después de iniciar la formación.

Ahora soy mamá de una niña de 2 años y medio a la que sigo dando el pecho, también gracias al apoyo recibido de TeC en el comienzo de mi lactancia. La maternidad para mí es una oportunidad de aprendizaje increíble donde descubrimos todo nuestro ser y nos reencontramos con nuestra niña pequeña del pasado. Una experiencia intensa pero maravillosa que ha hecho que cambiara mi rumbo profesional para poder hacer lo que realmente creo que debo hacer y para conciliar de la manera que yo quiero. Por eso he creado Cera de Colores, tienda online que vende juguetes de madera artesanal y productos de arte. También imparto talleres de creatividad y Arteterapia y me he convertido en negocio amigo de TeC.

Colaboro con Teta e Coliño impartiendo talleres y charlas acerca de acompañamiento creativo respetuoso y pedagogías alternativas así como hago asesorías telefónicas y presenciales.

beatriz

A miña primeira filla chegou no 2013 con moita ilusión, un par de lecturas sobre crianza e a firme convicción de que podería aleitala. Os problemas presentáronse dende un inicio e tiven que petar a moitas portas para saber que nos estaba a pasar. ¿Isto era a maternidade? Tras uns meses moi duros conseguimos unha lactancia que para nós foi un éxito rotundo.

Dende entón intereseime por saber e coñecer cada vez máis sobre lactancia e crianza; lecturas, cursos, coñecer e falar con moitas mamás e coñecer outras formas de facer as cousas…. A miña segunda filla veu no 2017 para ensinarme que non o sabía todo, que sempre se pode aprender e que, a pesar das dicultades do camiño, xuntas podemos con todo.

Colaboro con Teta e Coliño dende o 2016 como asesora de lactancia e participando activamente no grupo de comunicación.

jess

Son Jessica nai de Ainé de 3 aniños e medio. Comecei nestas andainas de asesoría pola miña propia situación.

Coñecín Teta e coliño despois de máis de un mes e medio chorando en cada toma e aquí atopei una tribu de apoio e un mundo no que de nai a nai podía axudar coas miñas experiencias.

Despois dun tempo como voluntaria da asociación decidinme a facer un curso de educadora de porteo porque por Galicia carecemos bastante delas e sempre me gustou moito e meses despois fixen o curso de asesora de lactancia para poder ser de máis axuda e porque,sexamos sinceros, este mundo engancha  .

Encántame o mundo da crianza e poder estar en contacto con outras nais das que aprender cada día pois sempre se saca algo de cada experiencia.

noemi

Son Noemí, nai de Antón, enfermeira e asesora de lactación. No ano 2013 chegou á miña vida un ser especial,que me ensinou a que me guiase polos meus instintos,e iso sempre nos levou a bó porto. O contar cunha tribo que nos escoita e nos apoia contribúe a reforzar o noso estilo de crianza.
Descubrin que encántame todo o relacionado co embarazo,a lactación, o puerperio e a crianza en xeral, así que cheguei á asociación facendo o curso de asesoría de Teta e Coliño. No ano 2016,co apoio da directiva e de Aitana, nai de Marco, abrimos a sede da Coruña.
Agradecer a tódalas aquelas familias voluntarias que fan que todo isto sexa posible. E unha chiscadela especial ás persoas que nos arroupan cada día: a miña parella e a miña nai

 

tania

Chámome Tania e son nai de Alma de case tres anos e de Vega que ten 6 meses. Ao igual que moitas das miñas compañeiras chegamos a Teta e Coliño por dificultades na nosa primeira lactancia e nos quedamos a vivir ao atopar unha tribo coa que compartir este camiño da maternidade.
Asesora de lactancia, asesora de porteo en continua formación, muller Díkê (comunidade de asesoramento xurídico a embarazadas e acompañantes da maternidade) e Asesora Continuum en formación. O meu camiño en TeC transcorre entre reunións de lactancia, de porteo e formando parte da equipa de comunicación.

xoana

Soy Xoana Pintos, madre de Julio y Victoria, educadora social y experta en inteligencia emocional. Llegué a la maternidad sin querer saber y sin información, y eso me pasó factura… Tras un primer parto traumático y el ingreso de mi bebé en la UCIN, la lactancia materna me ayudó a recuperarme, a querer informarme y buscar ayuda. En Teta e Coliño encontré una tribu en la que sanarme. Ahora quiero devolver toda esa ayuda recibida a las familias que nos la piden… Por eso me hice asesora de lactancia y me seguiré formando año tras año para ofrecer el mejor trato posible.

Contacta

13 + 4 =

Blog Posts

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
/* Estilos para menú plegable móvil Divi */ /* JS para menú plegable móvil Divi */